Pages to the People

comunicacion@zircozine.com

 

 

Dossier de prensa
dossier_prensa_riw_eg.pdf
Documento Adobe Acrobat [5.9 MB]
Descarga

Acreditacións

O prazo para a acreditación de xornalistas estará aberto ata o 1 de setembro. O 2 de setembro informarase os medios que a solicitaron sobre a aceptación ou non da acreditación. Este é o único medio para facer efectiva a acreditación.

 

A vía para solicitar acreditación é encher o formulario que se atopa ao final desta páxina.

 

Para solicitar a acreditación, é imprescindible publicar ou emitir información previa sobre o festival ou explicar que tipo de información se vai elaborar a partir da presenza no festival.

 

É necesario respectar os límites de acreditacións, que son os seguintes:

  • unha acreditación por medio en radios e webs;
  • un máximo de dúas acreditacións por medio en prensa escrita: unha de fotógrafo e outra de redactor;
  • un máximo de tres acreditacións por medio en televisións.

 

O número de fotógrafos permitido polas bandas e a organización é limitado, polo que a organización proporcionará fotografías de calidade aos medios aos que se lles denegue a acreditación de fotógrafo.

 

O 2 de setembro confirmaranse as solicitudes de acreditacións, que servirán para poder asistir a todos os concertos do Rock in Way Estrela Galicia e acceder á zona de prensa. En calquera caso, a acreditación non garante que fotógrafos e televisións poidan fotografar e/ou filmar todas as actuacións do festival, dado que cada unha das bandas ten as súas propias normas e pode haber restricións específicas de cada grupo, das que se informará ás persoas acreditadas.