Os abonos de dous días son persoais e intransferibles, polo que cun abono soamente unha persoa poderá acceder os dous días do festival.
Apertura de portas
A apertura de portas do recinto será ás 16:00h, tanto o venres 9 como o sábado 10 de setembro.
Pulseiras
Aqueles que posúan o abono de dous días deberán cambiar a súa entrada por unha pulseira que lle permita entrar e saír do recinto do festival ao longo dos dous días de festival. Asegúrate de que a pulseira está ben posta, xa que desde o momento en que che cambien a entrada pola pulseira esta última será o teu acceso aos concertos. Se se che rompe ou se che perde a pulseira non poderás volver entrar.
A pulseira permitirache entrar e saír cantas veces desexes, desde a túa entrada ao recinto até as 05:00 da madrugada. Se saes despois desa hora non poderás volver entrar até o día seguinte ás 16:00 h.
Horario de recollida de pulseiras:
Venres 9 de setembro: 14:00h a 24:00h.
Sábado 10 de setembro: 14:00h a 24:00h.
Despachos de billetes
Os despachos de billetes do Rock In Way Estrella Galicia estarán situadas na entrada do recinto.
Terán os seguintes horarios:
Venres 9 de setembro: 12:00h a 24:00h.
Sábado 10 de setembro: 12:00h a 24:00h.
Alí poderás recoller entradas compradas por internet ou teléfono ou comprar entradas do festival.
Ademais dos sistemas de venda que venden de maneira anticipada (ver sección “entradas”), poderanse comprar abonos nos despachos de billetes do Rock in Way Estrella Galicia os mesmos días do festival. As entradas compradas no despacho de billetes terán un prezo lixeiramente superior ao de anticipada.
A organización non se fai responsable da autenticidade das entradas non compradas nos puntos de venda oficiais.
Acreditacións e invitacións
As pulseiras e acreditacións a invitados e prensa poderanse recoller unicamente na caseta de acreditacións situada na entrada do recinto, co mesmo horario que os despachos de billetes.
Restricións de acceso
Os menores de idade só poden acceder ao festival se van acompañados dunha persoa adulta, responsable da seguridade e benestar do menor. Na entrada do festival, o persoal de seguridade requirirá unha identificación.
Non hai facilidades no recinto para nenos menores de 8 anos. Desde a organización recomendamos que non acudan a un festival desta magnitude, porque non é un lugar adecuado polo volume da música e a cantidade de xente reunida.
Está prohibido introducir bebida ou comida no recinto do festival.
Obxectos perigosos. Está prohibido entrar ao festival con obxectos punzantes, de cristal, metálicos, arreboladizos, inflamables ou contundentes. Na entrada realizarase un control pola seguridade de todos. Por favor, colabora connosco e vén lixeiro ao Rock In Way Estrella Galicia.
Cámaras. Está prohibido entrar ao Rock In Way con gravadoras de audio, de vídeo e/ou cámaras fotográficas profesionais (con réflex ou teleobxectivo). Unicamente as cámaras domésticas están permitidas, pero sen flash.
Non esquezas traer a túa documentación.
O Auditorio Monte do Gozo é un auditorio natural ao aire libre con capacidade para 25.000 persoas, situada no Monte do Gozo, en Santiago de Compostela. No recinto haberá dous escenarios diferentes. O recinto dispón dunha carpa de alimentación, barras de hostalaría, mercado, casetas de tickets, baños...
Aconsellámosche que nada máis chegar vaias dar unha volta polo recinto para orientarche e localizar os distintos servizos que che ofrece o festival. Consulta o plano do recinto para ver a distribución do Auditorio Monte Do Gozo.
Escenarios
Toda a música do Rock In Way concéntrase en dous escenarios principais.
Persoas con mobilidade reducida
En ambos os escenarios, nos laterais á altura das mesas de son, haberá unha zona elevada para que os asistentes con mobilidade reducida poidan ver as actuacións.
Comida e bebida
En diferentes puntos do recinto atoparás barras nas que adquirir auga mineral, cervexa, bebidas enerxéticas, bocadillos, sandwiches...
Para acceder á comida e a bebida, necesitarás adquirir antes os correspondentes tickets nas distintas caixas repartidas por todo o recinto. Suxerímosche que non esperes á hora punta para comprar os teus tickets; se previsor e cólleos ao entrar no recinto, evitaraste moitas colas.
No recinto do festival non se pode introducir nin comida nin bebida.
Merchandising oficial
Haberá un punto de venda de merchandising oficial do festival, onde ademais atoparás material dos grupos que actúan no Rock in Way Estrella Galicia.
WC's
Haberá servizos distribuídos por todo o recinto. Lembra que todos faremos uso deles, polo que tenta deixalos tal e como che gustaría atopalos.
Mercado
No interior do recinto atópase, a disposición do público, un mercado no que se poderán adquirir todo tipo de artigos.
Servizos médicos
Hai unha zona na entrada de Rock in Way Estrella Galicia destinada aos Servizos Médicos. Se te sentes mal ou tiveches ou presenciaches algún tipo de accidente, acode alí e solicita que te asistan de inmediato.
Seguridade
No recinto haberá un Posto de Mando Avanzado (PMA), con representación de Protección Civil, Bombeiros, Policía Local e Nacional. O recinto estará vixiado por cámaras de seguridade as 24 horas do día.
Conservación da zona
O festival Rock In Way Estrela Galicia conta cunha localización privilexiada: o Monte Do Gozo. A limpeza e conservación deste espazo é un dos nosos principais obxectivos e esperamos que o teu tamén.
Ademais das papeleiras da zona, haberá colectores distribuídos por todo o recinto. Por favor, utilízaos. As barras instaladas por todo o recinto servirán, unicamente, en vasos de plástico que son facilmente reciclables.
Outros consellos
Non esquezas traer a túa documentación.
Se bebes, xa sabes, non conduzas. Haberá controis de alcoholemia nos arredores do festival.
Trae unha gorra e o teu protector solar, sobre todo para as primeiras actuacións.
Bebe moita auga para evitar deshidratarte.
Vén con roupa e calzado cómodos.
Por motivos de seguridade, non existe un servizo de consigna no Rock In Way Estrella Galicia, polo que aconsellámosche non traias nada que non estea permitido ou non necesites.
A zona de acampada está situada no cámping Monte do Gozo, a uns 800m da entrada ao recinto dos concertos. É unha zona verde con auga, duchas, bar, enfermería, piscina...
Acceso
O acceso á zona de acampada controlarase mediante pulseiras/entradas do festival. Poderán acceder aqueles que dispoñan de entrada (sen romper) ou pulseira.
Horarios
A zona de acampada abrirase o venres 9 de setembro ás 11:00he permanecerá aberta até o domingo 11 de setembro ás 16:00h. O dereito de acampada adquírese coa compra de calquera das entradas do Rock In Way Estrella Galicia 2011, podendo acampar en calquera momento entre as datas sinaladas coa pulseira de acceso.
Restricións
Na zona de acampada pódese introducir tanto comida como bebida, que non se poden introducir no recinto do festival. Está terminantemente prohibido facer ningún lume, xa que o Monte do Gozo é unha zona verde con risco de incendios. É moi importante respectar a zona de acampada. Así mesmo, ínstasevos a utilizar as papeleiras situadas ao longo e ancho da zona de acampada, así como a reciclar o lixo.
O aforamentodesta zona de acampada é limitado.
Ver
Acceso camping Rock in Way Estrella Galicia nun mapa máis grande
Consulta en google maps a localización exacta do recinto do festival:
En coche particular
Os accesos ao Monte do Gozo estarán cortados ao tráfico. Habilitarase unha zona de aparcadoiro nas inmediacións do estadio de San Lázaro, a 2 km do recinto do festival.
En autobús urbano
Haberá un servizo de transporte urbano especial que enlazará o centro urbano e o recinto do festival, desde as 15:00 h até as 05:00 h da madrugada.
En taxi
O servizo de Radio Taxi de Santiago de Compostela funciona 24 horas. Este é o teléfono de contacto: 981 569 292.
As paradas de Praza de Galicia (981 561 028) e Praza Roxa (981 595 964) contan con servizo 24 horas. Eurotaxi conta con taxis adaptados para persoas con discapacidade: 981 535 154
Outras paradas de taxi: Aeroporto de Lavacolla (981 591 575), Avda Figueroa -Alameda- (981 585 973), Castiñeiriño (981 521 300), Estación de Autobuses (981 582 450), Estación de Trens (981 598 488), Fontiñas (981 575 959).
Como chegar a Santiago de Compostela
Santiago de Compostela atópase moi ben comunicada por autobús, tren e avión. Consulta na web de turismo de Santiago de Compostela a información completa e actualizada:
Se vés en coche particular, tenta compartir o teu coche. Así contaminarás menos, teremos menos tráfico nos arredores do recinto e será máis fácil para todos acceder e aparcar. En Comuto.es e en Amovens.com podes buscar con quen compartir coche para vir ao festival.
A adquisición da entrada representa a aceptación das seguintes condicións:
Unha vez adquirida, a entrada non será cambiada, nin se devolverá o seu importe.
A organización resérvase o dereito de alterar ou modificar o programa do acto.
Resérvase o dereito de admisión.
A entrada dispón de diferentes medidas de seguridade. A Organización non se fai responsable das entradas que non se adquiriron nos puntos de venda oficiais. Toda entrada emendada, rota, ou con indicios de falsificación autorizará ao Organizador a privar ao seu portador do acceso ao recinto, reservándose a Organización o dereito a emprender medidas legais.
A admisión queda supeditada ao feito de dispor da entrada completa en boas condicións.
Ao entrar ao recinto, o público pode estar suxeito a un rexistro segundo a Lei, non permitíndose a entrada de obxectos que poidan ser considerados perigosos pola Organización ou estean prohibidos pola normativa vixente, así como cámaras fotográficas profesionais, de vídeo ou gravadoras.
Nos espectáculos musicais quedan reservados todos os dereitos de imaxe e propiedade intelectual derivados do espectáculo, non podendo o portador filmar ou gravar o mesmo sen autorización escrita do Organizador.
En caso de anulación total do acto, a organización comprométese á devolución do importe desta entrada. O custo de distribución que as canles de venda aplican ao prezo desta entrada non se devolverá en ningún caso pola organización, dado que a organización non é preceptora do devandito importe e que a prestación deste servizo enténdese realizada no momento da compra desta entrada.
A sociedade emisora da entrada non asume en ningún caso as obrigacións e responsabilidades que competen á Organización.
O público asistente poderá aparecer en imaxes tomadas por diferentes medios para a súa posterior difusión promocional.
O Organizador do evento poderá denegar o acceso ou expulsar do recinto ao portador, en caso de incumprimento das condicións do persoal da Organización, así como no caso de que poida racionalmente presumirse que vai implicar unha situación de risco ou perigo para o propio portador ou outros asistentes, por alboroto ou por estados de intoxicación aparente ou potencial, responsabilizándose persoalmente o portador en todos os casos coas súas propias accións e omisións que causen lesións a terceiros ou danos a cousas.
Todos os intentos de estafa, violación e/ou danos á propiedade privada causados directa ou indirectamente á Organización autorizan a esta a tomar as medidas legais, tanto civís como penais que estime oportunas contra os causantes.
A posesión desta entrada non dá dereito ao seu posuidor ou a terceiros a utilizar a mesma, ou o seu contido, con fins publicitarios, de mercadotecnia ou de promoción (incluídos concursos, agasallos e/ou sorteos), asociada ao posuidor da entrada ou terceiro. O incumprimento deste punto obrigará ao anunciante e/ou usuario non autorizado a facer efectiva unha penalidade equivalente a mil veces o prezo da entrada máis cara do evento, sen prexuízo de posteriores reclamacións por danos e prexuízos xerais. Así mesmo quedará anulada a licenza incorporada á presente.
Unha vez se trocou esta entrada pola pulseira na zona destinada para iso, a pulseira pasa a ser o elemento que certifica o dereito adquirido. A perda da pulseira, suporá a perda do dereito de admisión.
Por iso:
Debes cambiar a entrada pola túa pulseira á túa chegada a Rock in Way Estrella Galicia, xa que non se che permitirá acampar sen ela e evitarás as esperas innecesarias que se poidan producir polas aglomeracións nos últimos momentos. O posto de troco estará situado á entrada do recinto de concertos.
Coida a túa pulseira para que se manteña en perfecto estado de conservación. É resistente, pero non está feita de metal. Coidado con ela sobre todo ao ducharche, xa que non se admitirán pulseiras danadas ou rotas.
Baixo ningún concepto, e ata que termine o Festival, tentes quitarte a pulseira, xa que rompería e perderías o teu dereito a acceder ao recinto. Conserva a túa pulseira ao abandonar o recinto pois necesitarala para entrar de novo. Para acceder á zona de acampada necesitarás a pulseira.